Castelo de Bruce

Coordenadas: 51°35′57″N 0°04′31″O / 51.599166666667, -0.075277777777778

Castelo de Bruce
Presentación
LocalizaciónTottenham, Londres Reino Unido Reino Unido
Tipocasa señorial
DeclaraciónGrao I nos Monumentos rexistrados do Reino Unido
Construción
Inicioséculo XVI

O castelo de Bruce (en inglés Bruce Castle; anteriormente coñecido como Lordship House, Casa do Señorío) é unha leira catalogada oficialmente polo Reino Unido como un dos Monumentos rexistrados do Reino Unido, grao I, pertencente ao século XVI[N. 1] e situada na rúa Lordship Lane, distrito de Tottenham, ao norte de Londres. Recibe o seu nome da Casa de Bruce, que anteriormente posuíu as terras onde agora está o castelo. Anterior a este edificio existiu unha construción da que pouco se sabe na actualidade. A casa actual é unha das construcións existentes realizadas en ladrillo cerámico máis antigas de Inglaterra. Foi remodelada nos séculos XVII, XVIII e XIX.

A casa foi fogar de Sir William Compton, quen foi un dos cortesáns máis prominentes durante o reinado de Henrique VIII de Inglaterra e quen obtivo por primeira vez o título de Baron de Coleraine, entre outras personalidades de distinta relevancia. Nesta casa tamén viviu Sir Rowland Hill. Durante o século XIX foi usada como escola, período no cal se lle engadiron varias salas na á oeste, e na actualidade funciona o Museo do castelo de Bruce, que explora como temática principal a historia das distintas áreas do que agora constitúe o Concello Londiniense de Haringey (en inglés: London Borough of Haringey), a súa estreita conexión con Sir Rowland Hill e a historia do servizo postal nacional do Reino Unido coñecido como Royal Mail. Este edificio tamén é a sede do arquivo do concello de Haringey. Desde 1892 o seu terreo utilízase como parque público, o máis antigo do distrito de Tottenham.
Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "N.", pero non se atopou a etiqueta <references group="N."/> correspondente


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search